viernes, 23 de enero de 2015

CONCURSO ENTROIDO 2015 DA BIBLIOTECA DO GATO COLORÍN






Ola nenos e nenas,  de novo o Gato Colorín  convídavos a participar no concurso de Entroido. Coma nas demáis ocasións trátase dunha  actividade para facer coa colaboración da familia ou dos educadores/as.


Prestade atención que aí van as instruccións:






Nenos e nenas de Educación Infantil:

Este ano o Gato Colorín pídevos que fagades fantásticas caretas de Entroido .

Nenos e nenas de 1º ciclo ( 1º e 2º curso de Primaria) :

O   Gato Colorín  decidiu que os nenos de 1º ciclo fagan  vistosos  antifaces.

Rapaces e rapazas de 2º e 3º ciclo ( 3º,4º,5º e 6º cursos de Primaria):

O Gato Colorín estivo a pensar en que o tendes que disfrazar. O disfraz é a vosa elección.


Instruccións:
-       -   Pódese usar calquer material que se  estime oportuno (atendendo sempre o sentido común e a idade dos nenos e nenas).
-       -   Os traballos coma sempre poden ser en 3 dimensións, recordade que á hora de elexir os gañadores, valorase o esforzo, a orixinalidade e a presentación.
-        -  Todos os traballos presentados teñen que ter posto o nome , apelidos e curso do neno/a participante.
-        -  A data máxima de entrega será o venres 6 de febreiro de 2015.
-       -   Os traballos serán expostos na entrada do centro durante a semana do 9 ó 13 de febreiro   .
-        -  Elixirase un gañador por aula.


O día 13 de febreiro farase a entrega de  premios

Grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo:  O Equipo da Biblioteca.




jueves, 27 de noviembre de 2014

MENSAXE DE NADAL DO GATO COLORÍN

Clikea co rato enriba do enlace para ver a mensaxe de Nadal do  Gato Colorín.

I just made a new Voki. See it here:: http://www.voki.com/pickup.php?scid=10717266&height=267&width=200


imaxe
Xa falta pouco para o Nadal e o Gato Colorín non para de pensar porque outro concurso está a argallar:

Contamos outra vez ca estreita colaboración das familias e dos educadores, así que mans a obra porque o  Gato Colorín di:

 Os nenos e nenas de Infantil, de Papá Noel van vestir ao Gato Colorín.

Os nenos e nenas de 1º ciclo poderán facer o seu Rei Mago favorito.

Os rapaces e rapazas de 2º ciclo elaborarán un Portal de Belén ben bonito.

O para os maiores do cole, os de 3º ciclo sorprenderán con fantásticas árbores de Nadal.

 Instruccións para a elaboración e presentación:

Os traballos poden ser en 3D , o tamaño non superior a un folio A4.

Materiais axeitados a idade dos nenos.

Os traballos deben contar co nome, apelidos e curso do/a participante.

Entregaranse dentro de prazo.
Data de entrega  12 de decembro de 2014. O día 19 será a entrega de premios.

¡Moito ánimo e a participar! 


Aproveitamos a ocasión para desexarlles a todos e a todas ¡ BO NADAL!

O Equipo da Biblioteca.

imaxe











 

viernes, 21 de noviembre de 2014

II CONCURSO DE SAMAÍN DA BIBLIOTECA DO GATO COLORÍN.

II Concurso de Samaín da Biblioteca do Gato Colorín.

O Gato Colorín gústalle moito o magosto e o Samaín, por iso os quere convidar a participar no concurso que anda a argallar, contando coma sempre ca estreita colaboracion das familias e dos educadores:



Os nenos e nenas de infantil , nun gato de bruxa van a transformar ó Gato Colorín.

Recordade que o mellor traballo ten premio e que podedes utilizar tódolos máteriais que se os ocorran sempre que sexan axeitados para a vosa idade. Tamaño A4 , poden ser en tres dimensións.

O Gato Colorín estivo a pensar cos nenos e nenas de 1º Ciclo unhas meigas van crear. O tamaño A4 e o material que estimedes oportuno (atendendo sempre ó sentido común e adecuación a idade dos nenos) . Tamén se pode facer en tres dimensións, ánimo e a participar que só un pode ganar.


No 2º ciclo imos facer as cabazas máis tolas se se nos poidan ocorrer. Podedes utilizar o material máis tolo que se os ocurra (atendendo sempre ó sentido común e adecuación a idade dos nenos) . Tamén se pode facer en tres dimensións, ánimo e a participar que só un pode ganar.


O 3º ciclo vai escribir as recetas máis larpeiras que se toman polo magosto e San Maín. Coidar a presentación e derrochade imaxinación.

Os traballos entregaranse no centro entre o 23 e 24 de outubro de 2014, haberá un gañador por ciclo. Os traballos espoñeranse no colexio na semana do 27 ó 30 de Outubro.
A imaxe foi sacada da páxina fondos-animados.com



.

jueves, 16 de octubre de 2014

A MOCHILA VIAXEIRA



A Mochila Viaxeira

Biblioteca do Gato Colorín - Ceip Príncipe Felipe de Pontevedra. Curso 2014-2015



Dámoslle a benvida ao novo curso no Príncipe Felipe, coa nosa Mochila Viaxeira, que cada semana visitará o fogar dos nenos de cada clase, disposta a pasar grandes aventuras... A DISFRUTAR CON ELA!