No mes de outubro, na biblioteca participamos nun obradoiro de separadores para os libros. A finalidade destes separadores é poder recordar onde collimos un libro e poder devolvelo ao seu sitio e así teremos a biblioteca ordenada.
Como estamos inmersos no proxecto do mar, pintamos debuxos de animais mariños e sin repetir ningún, todos diferentes, para así cando utilicemos estes separadores cada quen saiba cal é o seu.
Tamén o anunciamos no noso recanto da polbo Daría da entrada, para que puidese participar todo o que quixese.
A participación foi boísima e quedaron uns marcadores chulísimos.
Un día na hora de ler algúns compañeiros foron polas aulas a explicar para que os fixemos e como se poden utilizar.
Grazas por colaborar!!
Este ano polo Samaín, como xa ven sendo tradicional, leváronse a cabo contacontos por parte dos mestres e tamén participaron tres alumnas e unha nai.
Entre a biblioteca e a sala sensorial repartíronse un mundo de historias terroríficas coas que desfrutamos.