miércoles, 29 de noviembre de 2023

Casiñas de lectura para a biblioteca

  

Estes días na biblioteca algúns compañeiros e compañeiras  e os/as axudantes están colaborando na decoración dunha casiña para a biblioteca, que o noso conxerxe nos fixo. 

Será un punto de lectura máis, que unha vez rematado, seguro que resultará moi confortable e motivador!












v

jueves, 23 de noviembre de 2023

Contacontos Polo correo do Vento

 Onte visitáronnos os contadores de historias Polo correo do vento. Entre conto, música e debuxo, deleitáronnos coa historia de Daría González e tamén nos falaron do importante que é falar para resolver os conflictos e que non exista a violencia. 



Así quedou o corredor, coas súas creacións e as nosas! 






lunes, 20 de noviembre de 2023

Harry Potter


Continuamos viaxando, esta vez a Reino Unido, cos libros de HARRY POTTER. 

Na sección do proxecto, na biblioteca, tendes exemplares dos distintos volumes.


 

Axudantes de biblioteca

 Neste mes de novembro os axudantes de biblioteca, alumnado voluntario de 2º e 3º ciclo, comezaron a colaborar nos momentos de recreo. 

As súas tarefas son do máis variadas: rexistrar empréstimos e devolucións de fondos da biblio, ordear os libros das estanterías, axudar a atopar determinados libros ao alumnado, confeccionar carteis para as distintas seccións, recortar pictogramas para a catalogación....








domingo, 12 de noviembre de 2023

Primeiros traballos do proxecto "Viaxando a través dos libros"

 No corredor da planta de abaixo temos un enorme mapa mundi no que xa figura a primeira portada do proxecto, a de"Astérix e Obélix", marcada en Francia. 

Arredor do mapa foron colocándose os diferentes traballos feitos nas aulas e pódense ir a ler os datos e información, como neste caso o alumnado de Infantil 2, que pegou o seu sobre monumentos e está averiguando cousas sobre as comidas típicas. 




Tamén nas entradas e saídas á escola, o alumnado pode deterse un ratiño a miralo.



domingo, 5 de noviembre de 2023

Contacontos polo Samain!!

Este martes 31 celebramos no cole a festa do Samaín, cun montón de actividades. 

Entre elas, os tradicionais CONTACONTOS que levaron a cabo alumnado de 5º e 6º de primaria e os mestres Mabel e Jorge.




















Tamén al