Nestes días previos ó Entroido, a polbo Daría andivo un pouco enredada cos mandadiños.
Preparou unha carta para contarlle ao alumnado, que, como todos os anos, estiveran atentos aos seus "mandadiños", agora que se achegaba o Entroido.
Os mandados foron do máis variados e relacionados co noso proxecto de centro, árbores e bosques.
O último día da semana, o día que celebramos o Entroido na escola, o mandadiño era desfilar cos nosos disfraces elaborados nas aulas: esquíos, mouchos, cogumelos, gnomos e árbores. Estabamos todos e todas fantásticos.
Por motivos do tempo tivemos que facer o desfile dentro do colexio, aínda así isto non impediu desfrutar moito e degustar unha estupenda merenda de entroido.
Bo traballo á comunidade educativa!!