miércoles, 29 de octubre de 2025

CONTOS POLO SAMÁIN

 No día de hoxe leváronse a cabo contacontos na biblioteca, nesta semana de medo e emocións. 

En Infantil o alumnado desfrutou do conto "Gustavo a pantasma", contado por Nerea, a profe de inglés. 

En primeiro ciclo "A bruxa regañadentes", contado por Susi, a profe de 5º e 6º.



En segundo ciclo "O home do saco", contado por Roberto, o orientador. 



En terceiro ciclo "O urco", contado por Darleni, a profe de 4º de primaria. 

Algunhas alumnas tamén están preparando contos con temática samaín, que na próxima semana contarán ao alumnado. 




Ademáis nestes días os membros do equipo de biblioteca, axudados nos momentos de recreo polos voluntarios, decoraron a biblioteca cun toque terrorífico.









domingo, 26 de octubre de 2025

Os recreos na biblioteca da polbo Daría

 No mes de outubro abriu a biblioteca nos recreos e tamén algúns alumnos e alumnas se anotaron como voluntarios para ser axudantes de biblioteca. 

Aquí deixamos algunhas imaxes dalgúns momentos na biblioteca.












A mascota Daría ponnos unha misión como comezo do proxecto de centro

Comezamos un novo curso e tamén un novo proxecto e desde o equipo de Biblioteca levamos a cabo unha actividade como punto de partida. Nas aulas recibiuse unha carta da polbo Daría xunto cunha imaxe dum trozo de árbore do patio.

Cada grupo tiña que atopar a qué árbore podía pertencer esa imaxe e unha vez atopada, buscar algunha pista. A imaxe pertencía a un dos magnolios e a  pista resultou ser un código QR cun audio no que se indicaba que habería que buscar na zona da entrada onde se atopa a polbo. 

Alí, houbo que montar un puzzle, que resultou ser unha preciosa lenda sobre o magnolio. Cpmo a lenda falaba de desexos, cada alumno escribiu un desexo nunhs flor do magnolio e con todos eles encheuse unha árbore  nun mural que representará o inicio do proxecto.