viernes, 14 de febrero de 2025

Buzón da polbo Daría

 No mes de decembro confeccionamos na hora dos recreos un buzón moi xeitoso, para que todo o que queira poida facer suxestións sobre compras de libros ou calquera outra idea para a biblioteca.









Os recreos na biblioteca

 Na hora do recreo cada día algúns compañeiros acuden a facer empréstimo de libros, utilizar os ordenadores ou os distintos xogos de mesa. Por suposto, os axudantes están organizados en quendas para ser de axuda en todo o que precisen e colaborar coa mestra en que o ambiente sexa agradable. 












Ademáis estamos incorporando material ao recanto creativo e nesta zona tamén desfrutan moito algúns compañeiros e compañeiras.