domingo, 7 de mayo de 2023

Día Mundial do Libro

 O 23 de abril foi unha data importante para o noso equipo: O DÍA DO LIBRO!


Con motivo de celebrar esta data, desde o equipo propúxose a todo o alumnado levar a cabo os "Apadriñamentos Lectores", que consistiu en que cada neno e nena de 4º, 5º e 6º de primaria preparou e leu un libro a un ou dous compañeiros/as de cursos inferiores.


A semana previa á lectura dos contos, que se fixo o luns 24 de abril, cada neno e nena preparou a súa lectura e recreou a portada do libro que leería.


Chegada a data, a idea era ler escollendo un recanto do patio, na zona das árbores e pendurar alí todos os debuxos, pero o tempo non acompañou e se penduraron no teito da entrada e tamén alí se levaron a cabo as lecturas.










Ademáis, ó longo da semana algunhas familias viñeron contar contos ás clases dos seus fillos e fillas.


A nai de Sofía, de 5 anos



A nai de Ángel, de 5 anos



A nai de Sofía e Pilar, de 1º e 6º de primaria



Grazas familias!!! 
Foi xenial recibir a vosa visita!!