viernes, 14 de abril de 2023

Semana da prensa

 A mediados de marzo foi a semana da PRENSA e dende o Equipo de Biblioteca se solicitou a coalboración  de todas as titorías para crear e inventar noticias de todo tipo, deportivas, sociais, de economía, política....


Ademáis nas aulas dispuxeron de xornais para observar e analizar conxuntamente as partes dun xornal así como outras propostas que cada titor planificou.


Todas estas noticias expuxéronse nun enorme mural expositivo que se atopa no vestíbulo de entrada á escola.

Non podemos pechar esta entrada sen destacar algunhas delas que resultan motivadoras e esperanzadoras para acadar un mundo mellor:





Outras de índole deportiva como a que ven a continuación. Quen sabe se calquera dos nosos compañeiros ou compañaeiras será unha futura estrela deportiva.




E outras cheas de fantasía e maxia.




Tamén houbo algunha noticia na que o noso cole converteuse no escenario da mesma.





Bravo rapces e rapazas!!!




Vos presentamos á nosa mascota tridimensional!

 

Despois de varias semanas de traballo constante, e con axuda de moitos nenos e nenas do cole, por fin temos lista á nosa mascota en tridimensional.


Foi un proceso longo e laborioso que sin todos vós non houbera sido posible, grazas rapaces e rapazas!!!


Como sabedes, nestes momentos a biblioteca do centro non se pode utilizar por mor das obras, así que trasladamos á polbo Daría e os seus libros á zona da entrada, no vestíbulo, un recanto lector que podedes visitar no momento dos recreos ou cos vosos mestres noutro horario dentro da xornada.