domingo, 24 de marzo de 2024

Novos contacontos!!

 As compañeiras de 2º de primaria, Leila e Sheila animáronse a preparar e contar un conto a Infantil: "O lazo", dos contos da rata Luisa.



 A semana anterior Sheila tamén visitou infantil para contar "Iván a veces". 





E odía 14 de marzo visitáronnos uns contadores profesionais e moi coñecidos por todos, Polo correo do vento, para falarnos dunha maneira amena, de Rosalía de Castro e de paso nos convertiron en artistas, guiándonos para facer uns retratos da escritora do máis orixinais.







sábado, 9 de marzo de 2024

CONTACONTOS DO ALUMNADO

 Nestas semanas algúns compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de primaria estiveron preparando uns contacontos e visitaron algunhas das aulas de infantil e primaria para contalos. 

Ángel, de 5º, visitou as aulas de infantil para contar o conto "El Yayo es el Yayo". 




Na clase de 1º e 2º de primaria estiveron Ainhoa e Tamara co seu conto "Si yo fuese muy alto" e Yoel contando "El monstruo de colores". 







Días despois, con motivo do día Internacional da muller, os mesmos compañeiros repetiron experiencia contando o conto de "Maruxa" por parte de Yoel en 1º e 2º e "¿Las princesas usan botas de montaña?" en 3º e 4º por parte de Tamara e Ainhoa. 





Noraboa rapaces e rapazas, e grazas por facernos desfrutar destas lecturas!!!






sábado, 2 de marzo de 2024

Seguimos avanzando no proxecto de centro e...viaxando...

 Despois de viaxar por Francia e Reino Unido, continuamos viaxando co noso proxecto por España e Estados Unidos. 







Cada mes intercambiamos información entre aulas para contar os nosos descubrimentos aos compañeiros e compañeiras. 

O alumnado de 3º e 4º visitou a clase de 1º e 2º para falar do idioma e a moeda en Francia. 



Despois foron os compañeiros de 1º e 2º os que lles contaron cousas sobre o clima, a flora e a fauna deste país. 



O alumnado de Infantil 1 intercambiaron información sobre Reino Unido cos compañeiros/as de 6º de primaria. Faláronlles dos monumentos máis coñecidos e visitados.