jueves, 27 de noviembre de 2014

MENSAXE DE NADAL DO GATO COLORÍN

Clikea co rato enriba do enlace para ver a mensaxe de Nadal do  Gato Colorín.

I just made a new Voki. See it here:: http://www.voki.com/pickup.php?scid=10717266&height=267&width=200


imaxe
Xa falta pouco para o Nadal e o Gato Colorín non para de pensar porque outro concurso está a argallar:

Contamos outra vez ca estreita colaboración das familias e dos educadores, así que mans a obra porque o  Gato Colorín di:

 Os nenos e nenas de Infantil, de Papá Noel van vestir ao Gato Colorín.

Os nenos e nenas de 1º ciclo poderán facer o seu Rei Mago favorito.

Os rapaces e rapazas de 2º ciclo elaborarán un Portal de Belén ben bonito.

O para os maiores do cole, os de 3º ciclo sorprenderán con fantásticas árbores de Nadal.

 Instruccións para a elaboración e presentación:

Os traballos poden ser en 3D , o tamaño non superior a un folio A4.

Materiais axeitados a idade dos nenos.

Os traballos deben contar co nome, apelidos e curso do/a participante.

Entregaranse dentro de prazo.
Data de entrega  12 de decembro de 2014. O día 19 será a entrega de premios.

¡Moito ánimo e a participar! 


Aproveitamos a ocasión para desexarlles a todos e a todas ¡ BO NADAL!

O Equipo da Biblioteca.

imaxe











 

No hay comentarios:

Publicar un comentario