viernes, 21 de noviembre de 2014

II CONCURSO DE SAMAÍN DA BIBLIOTECA DO GATO COLORÍN.

II Concurso de Samaín da Biblioteca do Gato Colorín.

O Gato Colorín gústalle moito o magosto e o Samaín, por iso os quere convidar a participar no concurso que anda a argallar, contando coma sempre ca estreita colaboracion das familias e dos educadores:



Os nenos e nenas de infantil , nun gato de bruxa van a transformar ó Gato Colorín.

Recordade que o mellor traballo ten premio e que podedes utilizar tódolos máteriais que se os ocorran sempre que sexan axeitados para a vosa idade. Tamaño A4 , poden ser en tres dimensións.

O Gato Colorín estivo a pensar cos nenos e nenas de 1º Ciclo unhas meigas van crear. O tamaño A4 e o material que estimedes oportuno (atendendo sempre ó sentido común e adecuación a idade dos nenos) . Tamén se pode facer en tres dimensións, ánimo e a participar que só un pode ganar.


No 2º ciclo imos facer as cabazas máis tolas se se nos poidan ocorrer. Podedes utilizar o material máis tolo que se os ocurra (atendendo sempre ó sentido común e adecuación a idade dos nenos) . Tamén se pode facer en tres dimensións, ánimo e a participar que só un pode ganar.


O 3º ciclo vai escribir as recetas máis larpeiras que se toman polo magosto e San Maín. Coidar a presentación e derrochade imaxinación.

Os traballos entregaranse no centro entre o 23 e 24 de outubro de 2014, haberá un gañador por ciclo. Os traballos espoñeranse no colexio na semana do 27 ó 30 de Outubro.
A imaxe foi sacada da páxina fondos-animados.com



.

No hay comentarios:

Publicar un comentario