domingo, 29 de octubre de 2023

NOVOS FONDOS NA BIBLIOTECA

 Ola amigos e amigas!
Informarvos que temos novas adquisicións na biblioteca. Ademáis dos libros que pedistes vos, o alumnado,  

e outros relacionados co proxecto "Vianxando a través dos libros", 


 tamén temos libros novos que foron unha doazón de familias de alumnos/as. 









Moitas grazas!!



sábado, 28 de octubre de 2023

Seguimos ampliando o recanto do corredor como punto de lectura

 Como seguimos coas obras, continuamos a ter o espazo da biblioteca no corredor da planta superior. E como non nos podemos traer toooodos os libros da biblio para este espazo temporal, fixemos unha selección con algúns dos fondos, que se irán renovando periódicamente.

Contamos con espazos como estes:

O RECANTO DO PROXECTO: "VIAXANDO A TRAVÉS DOS LIBROS"



LIBROS PROPOSTOS POLO ALUMNADO 



LIBROS DE TEMÁTICA OUTONO E SAMAÍN



LIBROS DE ANIMAIS



LIBROS DE CIENCIA, EXPERIMENTOS E MEDIO AMBIENTE



LIBROS PARA OS MÁIS PEQUENOS E CON PICTOGRAMAS