lunes, 20 de enero de 2020


Comezamos cunha nova tirada de desafíos matemáticos deste segundo trimestre!

O gato colorín agradece a vosa participación na resolución dos 17º desafío matemático. Expóñovos a continuación unha táboa na que podedes ver se a vosa clase acertou ou non:


Se tedes algunha dúbida debedes ir á biblioteca do cole no recreo e consultar a xustificación da corrección aos mestres/as que se encargan de corrixir os desafíos: as profes Ángeles e Fátima, os profes Manuel e Luis, ou  Adriana, a nosa orientadora.

                                                                                         Parabéns e moito ánimo para os próximos!!



Que tal amiguiño/a?  Xa estamos traballando a toda máquina e gustaríame compartir contigo algo.Como sabes, o xoves día 30 de xaneiro é o día Internacional da Paz e da Non Violencia. É por iso polo que como mascota da biblioteca do cole, invítoche a participar na creación da nosa BUFANDA DA PAZ. Esta actividade explicaracha o teu titor ou titora nos próximos días. Pregúntalle en que vai consistir!E non esquezas consultar os libros que podes atopar na biblio sobre Valores!
Agardo a túa colaboración!

Unha aperta do Gato Colorín.

miércoles, 8 de enero de 2020

FELIZ ANO NOVO!

Xa estamos de volta! Parece que hai nada nos fumos e xa regresamos.
Que ben o pasamos nas vacacións...verdade? Agora toca volver ao divertido xogo de aprender.
Xa veredes cantas sorpresas vos agardan desde a biblio neste trimestre...

                                                O gato colorín deséxavos que teñades unha feliz volta ao cole!

Resultado de imagen de Feliz ano novo 2020.