sábado, 23 de septiembre de 2023

Primeira proposta da polbo Daría- Que libro che gustaría que houbera na nosa biblioteca?

 

Este curso, nada máis empezar na escola, a nosa mascota Daría propuxo a todo o alumnado facer as  suxerencias de libros e contos que lles gustaría que haxa na nosa biblio.
Recopilamos todas nun recanto da entrada do colexio e próximamente se fará unha exposición con todos estos libros, que estamos mercando.






Comezando o curso con novos espazos

Benvidas e benvidos!!!



Comezamos un novo curso!!

Continuamos coas obras no colexio, que non nos permitirán polo momento desfrutar da nosa biblioteca. 

Pero non por iso imos deixar de ler e de desfrutar de moitas lecturas divertidísimas.

O equipo de Biblio habilitou un espazo na planta primeira, cun acolledor recanto de lectura.

Así que vinde a visitarnos canto antes!!!