Nesta semana visitáronnos algunhas familias para contar uns contiños e así celebrar o día do Libro.
De Infantil visitounos Paula a nai de Xian.
Tamén nos visitou o pai de Hugo.
Tamén nos visitou a nai de Sofía Durán, de 1º de primaria, co conto "A vaca que puxo un ovo" e outro contiño máis que falaba de abrazos e das demostracións de afecto.
Tamén nos visitou a nai de Sheila e Ángel e contounos un conto para cada ciclo. "Por cuatro esquinitas de nada".
"Daniela pirata".
"Las brujas".
·Pearcy Jackson".
Tamén nos visitou a nai de Sofía Mesa.
Moitas grazas familias por este agasallo tan especial na semana do libro.
Nesta semana estamos a celebrar o día do libro con diferentes actividades.
Onte participamos nos "Apadriñamentos lectores", nos que alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria contou contos ao resto de alumnado do colexio, converténdose en padriños e madriñas lectores de un ou varios compañeiros/as.
Podedes ver un video da actividade e algunhas fotos.