Apadriñamentos lectores polo día do Libro
Nesta semana nos xuntamos para facer os "Apadriñamentos Lectores" que vimos facendo nestes últimos anos. Os maiores len contos aos máis pequenos.
A nosa mascota da biblio enviou unha carta explicándonos a actividade e tamén coa organización de quen lía a quen.

Que emoción esperar a saber cal sería a nosa madriña ou padriño lector. Os compañeiros e compañeiras prepararon as súas lecturas e chegou o gran día, este martes 29!
Cando remataban de ler, intercambiaban con outros compañeiros para contar a outros nenos o conto preparado, así desfrutamos de varias lecturas. Ademáis cada neno e nena apadriñado confeccionou un marcapáxinas co que agasallou aos seus padriños e madriñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario