Día Internacional da Muller
Este curso, para conmemorar o día da Muller, e en relación co proxecto de centro, dende o equipo de Biblioteca invitouse a unha muller mariscadora para que nos falase da súa profesión.
Fina, contounos cousas moi interesantes e tamén puidemos facerlle preguntas.
A partir desta visita, nas aulas traballouse en torno a distintas propostas que a polbo Daría fixo.
Os nenos e nenas de Infantil estableceron diálogos e inferencias a partir de fotografías do marisqueo, poñéndolle palabras a cada unha delas,
Os nenos e nenas de primeiro ciclo completaron a silueta dunha mariscadora (seguindo como modelo o cadro de Luis Davila "Mariscadora"), para crear con palabras relacionadas coa temática un CALIGRAMA.
Os nenos e nenas de 2º ciclo crearon unha canción cunha letra que tiña relación coa mariscadora e axudados por un programa de Intelixencia Artificial (que nos cantaron o día da xuntanza).
E o alumnado de 3º ciclo redactou e creou textos a partir da información que Fina a mariscadora, nos deu e tamén investigando e buscando en diferentes fontes.
E este foi o resultado, un mural conxunto co traballo de todos e todas.
O rematar esa semana de intenso traballo, todos nos reunimos para poñer en común todas as aportacións e como peche do acto, repartíronse pulseiras co símbolo da muller que o alumnado de Infantil confeccionou para toda a comunidade educativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario