jueves, 24 de octubre de 2024

Obradoiro nos recreos

 No mes de outubro xa comezou a funcionar a biblioteca nos recreos, e a mediados, unha vez anotados todos os alumnos e alumnnas interesados en ser axudantes de biblio, tamén eles comezaron as súa colaboración. 

Neste mes, e relacionado coa temática do proxecto de centro, que xira en torno ao MAR, levamos a cabo nos recareos un obradoiro para facer marcadores ou separadores xigantes para os libros para aqueles momentos de lectura dos máis pequenos, que logo non sempre recordan onde colleron o seu libro.

 Así con estes separadores, poderán deixar o libro onde o colleron. Os separadores fixéronse con debuxos de diferentes animais mariños e logo se plastificaron.







Quedaron chulísimos!! Agora só falta que algúns dos voluntarios que colaboraron, visiten as aulas de Infantil e 1º ciclo de primaria para explicarlles como utilizalos.


 Grazas rapaces e rapazas por participar!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario