miércoles, 23 de octubre de 2024

Empezamos novo curso e tamén novo proxecto!

 Neste novo curso, a polbo Daría xa nos estaba a agardar na pranta de arriba, invitándonos a visitala na biblioteca.


Semanas despois, apareceu na pranta baixa da escola cunha botella que dentro tiña unha mensaxe.



Cada grupo foi co seu titor a descubrir de que se trataba.. era o inicio dun novo proxecto na escola que xira en torno ao mar. A súa mensaxe da botella deixounos un pouco descolocados, pois tratábase dunha imaxe en papel dun "mar de plásticos".  

Que vos suxire a imaxe? É bastante impactante, verdade? Continuaremos a falar disto e participaredes en moitas propostas. 

Estade atentos e atentas!!










No hay comentarios:

Publicar un comentario