FELIZ DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!!!!
O gato colorín quere agradecer a vosa colaboración na actividade ddobre que vos propuxen a todas as aulas do colexio para facer con motivo de dita conmemoración. Quedou moi bonito!!
Aquí tedes o resultado:
lunes, 9 de marzo de 2020
viernes, 7 de febrero de 2020
lunes, 20 de enero de 2020
Comezamos cunha nova tirada de desafíos matemáticos deste segundo trimestre!
O gato colorín agradece a vosa
participación na resolución dos 17º desafío matemático. Expóñovos a continuación unha táboa na que podedes ver se a
vosa clase acertou ou non:
Se tedes algunha dúbida debedes ir
á biblioteca do cole no recreo e consultar a xustificación da corrección aos
mestres/as que se encargan de corrixir os desafíos: as profes Ángeles e Fátima, os profes Manuel e Luis, ou Adriana, a nosa orientadora.
Parabéns e moito ánimo para os
próximos!!
Que tal amiguiño/a? Xa estamos traballando a toda
máquina e gustaríame compartir contigo algo.Como sabes, o xoves día 30 de xaneiro é o día
Internacional da Paz e da Non Violencia. É por iso polo que como mascota da
biblioteca do cole, invítoche a participar na creación da nosa BUFANDA DA
PAZ. Esta actividade explicaracha o teu titor ou titora nos próximos días. Pregúntalle
en que vai consistir!E non esquezas consultar os libros que podes
atopar na biblio sobre Valores!
Agardo a túa colaboración!
Agardo a túa colaboración!
Unha aperta do Gato Colorín.
miércoles, 8 de enero de 2020
FELIZ ANO NOVO!
Xa estamos de volta! Parece que hai nada nos fumos e xa regresamos.
Que ben o pasamos nas vacacións...verdade? Agora toca volver ao divertido xogo de aprender.
Xa veredes cantas sorpresas vos agardan desde a biblio neste trimestre...
O gato colorín deséxavos que teñades unha feliz volta ao cole!

lunes, 16 de diciembre de 2019
ESTAMOS CHEGANDO AO FIN DO PRIMEIRO TRIMESTRE!
Despois deste trimestre intenso de traballo chegamos ao final. Lembrade que este venres entregaranse os diplomas e premios ás aulas gañadoras da competición de desafíos matemáticos deste trimestre. Que nervios!!!!!!
Por outra banda, o gato colorín quere darvos as grazas pola vosa colaboración na actividade de Nadal que vos propuxen desde a biblio. Grazas por todos eses desexos tan bonitos e sinceros! Este é o resultado:

viernes, 29 de noviembre de 2019
Bo Nadal!
Despois de todo este primeiro trimestre de traballo quero
pedirvos a vosa colaboración para unha tarefa moi divertida.A vosa mestra ou mestre vaivos dar unha estrela de
cartolina dourada a cada un de vós e
gustaríame que escribades nela un desexo que vos queirades pedir para o ano
novo. NON DEBES POÑER O TEU NOME, para que non se saiba de quen é o desexo.
Despois as utilizaremos para decorar a porta da biblioteca e para colgalas do teito polos corredores do colexio.
Por último, deséxovos un Bo Nadal e un Feliz Ano Novo!!
Despois as utilizaremos para decorar a porta da biblioteca e para colgalas do teito polos corredores do colexio.
Por último, deséxovos un Bo Nadal e un Feliz Ano Novo!!
Unha
aperta do gato colorín.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)