lunes, 20 de enero de 2020


Que tal amiguiño/a?  Xa estamos traballando a toda máquina e gustaríame compartir contigo algo.Como sabes, o xoves día 30 de xaneiro é o día Internacional da Paz e da Non Violencia. É por iso polo que como mascota da biblioteca do cole, invítoche a participar na creación da nosa BUFANDA DA PAZ. Esta actividade explicaracha o teu titor ou titora nos próximos días. Pregúntalle en que vai consistir!E non esquezas consultar os libros que podes atopar na biblio sobre Valores!
Agardo a túa colaboración!

Unha aperta do Gato Colorín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario