domingo, 24 de noviembre de 2024

Obradoiro de separadores para os libros

 No mes de outubro, na biblioteca participamos nun obradoiro de separadores para os libros. A finalidade destes separadores é poder recordar onde collimos un libro e poder devolvelo ao seu sitio e así teremos a biblioteca ordenada.

 Como estamos inmersos no proxecto do mar, pintamos debuxos de animais mariños e sin repetir ningún, todos diferentes, para así cando utilicemos estes separadores cada quen saiba cal é o seu.

 Tamén o anunciamos no noso recanto da polbo Daría da entrada, para que puidese participar todo o que quixese. 









A participación foi boísima e quedaron uns marcadores chulísimos. 

Un día na hora de ler algúns compañeiros foron polas aulas a explicar para que os fixemos e como se poden utilizar. 

Grazas por colaborar!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario