domingo, 7 de mayo de 2023
viernes, 14 de abril de 2023
Semana da prensa
A mediados de marzo foi a semana da PRENSA e dende o Equipo de Biblioteca se solicitou a coalboración de todas as titorías para crear e inventar noticias de todo tipo, deportivas, sociais, de economía, política....
Ademáis nas aulas dispuxeron de xornais para observar e analizar conxuntamente as partes dun xornal así como outras propostas que cada titor planificou.
Todas estas noticias expuxéronse nun enorme mural expositivo que se atopa no vestíbulo de entrada á escola.
Non podemos pechar esta entrada sen destacar algunhas delas que resultan motivadoras e esperanzadoras para acadar un mundo mellor:

Outras de índole deportiva como a que ven a continuación. Quen sabe se calquera dos nosos compañeiros ou compañaeiras será unha futura estrela deportiva.
E outras cheas de fantasía e maxia.
Tamén houbo algunha noticia na que o noso cole converteuse no escenario da mesma.
Bravo rapces e rapazas!!!
Vos presentamos á nosa mascota tridimensional!
Despois de varias semanas de traballo constante, e con axuda de moitos nenos e nenas do cole, por fin temos lista á nosa mascota en tridimensional.
Foi un proceso longo e laborioso que sin todos vós non houbera sido posible, grazas rapaces e rapazas!!!
Como sabedes, nestes momentos a biblioteca do centro non se pode utilizar por mor das obras, así que trasladamos á polbo Daría e os seus libros á zona da entrada, no vestíbulo, un recanto lector que podedes visitar no momento dos recreos ou cos vosos mestres noutro horario dentro da xornada.
jueves, 2 de marzo de 2023
Novo proxecto á vista!! A nosa mascota tridimensional
Xa está lista a estructura para comezar a confección da nosa mascota a Polbo Daría en tamaño grande e con volume.
Todos os días traballaremos un pouquiño na súa confección de forma colaborativa, contando coa axuda de todos aqueles que na hora do recreo queiran subir á biblioteca.
Animádevos!!!
jueves, 9 de febrero de 2023
Mandadiño da polbo Daría
Á polbo Daría encántalle o Entroido e xa ten preparados os mandadiños para todos os nenos e nenas do cole.
Estades listos? Pois moi atentos!! Cada día tocará un mandado diferente.
Só tendes que ler ó chegar á escola. Alí onde esté a polbo Daría estarán os mandadiños.
Pero aquí vos imos adiantando para que poidades ir pensando...
sábado, 4 de febrero de 2023
Gabriela e Ainhoa de 4º de primaria contan un conto aos nenos da aula mixta de Infantil
As compañeiras Ainhoa e Gabriela quedaron con moi bo sabor de boca do último contacontos que prepararon e nesta ocasión quixeron preparar o conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", para os nenos e nenas de 3 e 4 anos.
Grazas compañeiras!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpeg)







%20modif.jpeg)








.jpg)
.jpg)
.jpeg)






.jpg)
.jpg)




