jueves, 9 de febrero de 2023
sábado, 4 de febrero de 2023
Gabriela e Ainhoa de 4º de primaria contan un conto aos nenos da aula mixta de Infantil
As compañeiras Ainhoa e Gabriela quedaron con moi bo sabor de boca do último contacontos que prepararon e nesta ocasión quixeron preparar o conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", para os nenos e nenas de 3 e 4 anos.
Grazas compañeiras!!!
lunes, 2 de enero de 2023
miércoles, 21 de diciembre de 2022
Contacontos do alumnado
Nesta última semana antes de iniciar as vacacións, tivemos sesións de contacontos por parte de alumnado voluntario das clases de 4º, 5º e 6º de primaria.
O luns, YANIRA E AINHOA de 4º de primaria contaron o conto "Bob Esponja, el concurso de pintura" ao alumnado de 1º, 2º e 3º, na biblioteca.
E a continuación foron PETRA e MARCOS os contadores de historias con "Soy un artista", tamén para os mesmos compañeiros".
E visitaron as aulas de Infantil, RAFA E MOHAMED de 6º de primaria, cos contos "La Navidad de Splat" e "Minino y la Navidad".
O martes estivo en Infantil MAXI de 4º de primaria contando "Navidad en el bosque".
ÁNGEL, LIS E CECILIA CONTARON "Cuando Matías tuvo ganas de hacer pis en la noche de Reyes", ao alumnado de 1º e 2º.
SILVANA, VAIOLEET E SANDRA, de 5º de primaria contaron a 3º e 4º "El secreto de Papá Noel", na biblioteca.
E xa para rematar, o mércores, o equipo formado por ESTEBAN, MARCOS, SANTI E ASMAA, visitaron infantil para contar "A xoaniña e a neve".
Foi unha xornada estupenda e a pesar dos nervios os nosos contadores desfrutaron moito e quen sabe se repetirán na seguinte ocasión.
E tanto esforzo e ganas de facer, recompensáronse cunhas libretiñas que recibiron de agasallo.
domingo, 18 de diciembre de 2022
Novos libros para a biblio
Seguimos adquirindo novos fondos para a biblioteca.
Se van colocando no recanto de novidades e pasado un tempo, nas estanterías correspondentes.
Temos uns axudantes de biblioteca moi voluntariosos aos que lles podedes preguntar e eles vos axudarán a atopalos!
sábado, 12 de noviembre de 2022
Novas adquisicións para a biblioteca
Temos novos xogos na biblioteca, tendes que coñecelos!
Tamén no noso recanto de novidades hai uns libros do máis interesantes. Quizáis algún encaixe no que buscades.
Non deixedes de vir pola biblioteca a facer o empréstimo ou nos momentos do recreo a botarlles unha ollada.
Ademáis contarvos que os polbiños que todos e todas decoráchedes e que participaron no concurso, xa están pendurados do teito do corredor, decorando a entrada á biblioteca.
Grazas rapaces/as pola vosa colaboración!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






.jpg)
.jpg)


















.jpeg)









