sábado, 12 de noviembre de 2022

Novas adquisicións para a biblioteca

 Temos novos xogos na biblioteca, tendes que coñecelos!


Tamén no noso recanto de novidades hai uns libros do máis interesantes. Quizáis algún encaixe no que buscades. 

Non deixedes de vir pola biblioteca a facer o empréstimo ou nos momentos do recreo a botarlles unha ollada.


Ademáis contarvos que os polbiños que todos e todas decoráchedes e que participaron no concurso, xa están pendurados do teito do corredor, decorando a entrada á biblioteca.




Grazas rapaces/as pola vosa colaboración!


lunes, 31 de octubre de 2022

Contos de medo na biblio polo Samaín!


Este xoves  contacontos de medo na Biblioteca, con motivo do Samaín.


O equipo de biblio xunto coa mascota a polbo Daría, prepararon todo para que o día da sesión o pasáramos de medo!!




    E chegou o día!!





"CAMUÑAS" 







martes, 25 de octubre de 2022

Benvidos e benvidas!!

 Benvidos a un novo curso na biblioteca da polbo Daría!!!


No mes de outubro abrimos a biblioteca nas horas do recreo e xa están apuntados os nenos e nenas que queren ser axudantes de biblioteca. En breve recibirán unha pequena formación antes de comezar.


Nesta semana estivemos decorándoa con motivo da chegada do Samaín.






Tamén temos no recanto de fondos sobre o Samaín e o outono, algúns libros que seguro que vos gustarán!!



Ademáis, a polbo Daría pideu axuda a todos os nenos e nenas da escola, para decorar unha plantilla co seu debuxo e decorar todo o corredor con elas. 


Pero antes levamos a cabo unha votación para elixir os dous máis bonitos, que serán os que irán nas tarxetas de axudantes de biblioteca.









E....... AS DÚAS MÁIS VOTADAS FORON........



Realizadas por  Valerie Alejandra de 6º de primaria  e  Sandra de 5º de primaria.

Noraboa rapazas!!


Esta semana ademáis temos unha cita na biblioteca!!! 

O equipo da polbo Daría está preparando uns contacontos moi terroríficos. 

Será este xoves e xa vos contaremos o ben que o pasamos!!



lunes, 9 de marzo de 2020

FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!

Onte foi o día internacional da muller. Por iso, o gato colorín súmase á loita polos seus dereitos  e apoia a interesante actividade que desde o equipo de actividades complementarias e extraescolares se vai desenvolver: un mural pola igualdade onde plasmaredes pequenas chapas con mensaxes alentadores en prol dos dereitos das mulleres, entre outros aspectos.

                                          O meu máis sincero apoio a todas as mulleres!


FELIZ DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!!!!

O gato colorín quere agradecer a vosa colaboración na actividade ddobre que vos propuxen a todas as aulas do colexio para facer con motivo de dita conmemoración. Quedou moi bonito!!
Aquí tedes o resultado:


viernes, 7 de febrero de 2020

FELIZ DÍA DA PAZ!

O gato colorín agradece moito a vosa participación na actividade que vos propuxen sobre a BUFANDA DA PAZ. Grazas por todos os libros interesantes que puxéchedes, xa que van axudar a outros compañeir@s a coñecelos e a animalos a lelos!

Aquí tedes o resultado:


lunes, 20 de enero de 2020


Comezamos cunha nova tirada de desafíos matemáticos deste segundo trimestre!

O gato colorín agradece a vosa participación na resolución dos 17º desafío matemático. Expóñovos a continuación unha táboa na que podedes ver se a vosa clase acertou ou non:


Se tedes algunha dúbida debedes ir á biblioteca do cole no recreo e consultar a xustificación da corrección aos mestres/as que se encargan de corrixir os desafíos: as profes Ángeles e Fátima, os profes Manuel e Luis, ou  Adriana, a nosa orientadora.

                                                                                         Parabéns e moito ánimo para os próximos!!