ESTAMOS CHEGANDO AO FIN DO PRIMEIRO TRIMESTRE!
Despois deste trimestre intenso de traballo chegamos ao final. Lembrade que este venres entregaranse os diplomas e premios ás aulas gañadoras da competición de desafíos matemáticos deste trimestre. Que nervios!!!!!!
Por outra banda, o gato colorín quere darvos as grazas pola vosa colaboración na actividade de Nadal que vos propuxen desde a biblio. Grazas por todos eses desexos tan bonitos e sinceros! Este é o resultado:
lunes, 16 de diciembre de 2019
viernes, 29 de noviembre de 2019
Bo Nadal!
Despois de todo este primeiro trimestre de traballo quero
pedirvos a vosa colaboración para unha tarefa moi divertida.A vosa mestra ou mestre vaivos dar unha estrela de
cartolina dourada a cada un de vós e
gustaríame que escribades nela un desexo que vos queirades pedir para o ano
novo. NON DEBES POÑER O TEU NOME, para que non se saiba de quen é o desexo.
Despois as utilizaremos para decorar a porta da biblioteca e para colgalas do teito polos corredores do colexio.
Por último, deséxovos un Bo Nadal e un Feliz Ano Novo!!
Despois as utilizaremos para decorar a porta da biblioteca e para colgalas do teito polos corredores do colexio.
Por último, deséxovos un Bo Nadal e un Feliz Ano Novo!!
Unha
aperta do gato colorín.
lunes, 28 de octubre de 2019
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!
O gato colorín agradece a participación na elaboración do mural titulado "recoméndoche...", situado na entrada do colexio con motivo do día das bibliotecas escolares. Así, cada alumn@ e moitos d@s mestres/as da escola decoraron unha portada do seu libro favorito para mostralo a toda a comunidade educativa.
Sinceramente, grazas por facelo posible.
Aquí tedes o resultado!

lunes, 14 de octubre de 2019
OLA A TOD@S!!
O gato colorín agradece a vosa participación na resolución dos 10 desafíos matemáticos que vos propuxen no primeiro trimestre. Expóñovos a continuación unha táboa resumo dos resultados finais na que podedes ver que os gañadores deste primeiro trimestre foron as AULAS DE 1º e de 5º de Ed. Primaria. PARABÉNS!!!!!!!!!
Se tedes algunha dúbida debedes ir á biblioteca do cole no recreo e consultar a xustificación da corrección aos mestres/as que se encargan de corrixir os desafíos: as profes Ángeles e Beatriz, os profes Manuel e Luis, ou Isabel, a nosa orientadora.
Novamente parabéns e moito ánimo para os do próximo trimestre!!
O gato colorín agradece a vosa participación na resolución dos 10 desafíos matemáticos que vos propuxen no primeiro trimestre. Expóñovos a continuación unha táboa resumo dos resultados finais na que podedes ver que os gañadores deste primeiro trimestre foron as AULAS DE 1º e de 5º de Ed. Primaria. PARABÉNS!!!!!!!!!
Novamente parabéns e moito ánimo para os do próximo trimestre!!
lunes, 7 de octubre de 2019
BO DÍA!
Como sabedes, o mes pasado comezamos un novo curso e os mestres/as empezaron a preparar a biblioteca da escola para que hoxe día 7 de outubro de 2019 poidan abrir aos alumnos/as durante os recreos. Cada curso poderá ir un día. Podedes consultalo no horario que hai na porta da biblioteca. Esperamos vervos por alí!!
Unha aperta,
O gato colorín.
martes, 8 de noviembre de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)