sábado, 25 de abril de 2026
domingo, 15 de marzo de 2026
SEMANA DE PRENSA: PENSANDO NUN NOME PARA O NOSO XORNAL
En semanas anteriores a polbo Daría escribiu unha carta a todos os nenos para facer a seguinte proposta: Facer un xornal entre todos, para conmemorar a Semana da prensa.
Así que nas aulas nos puxemos todos e todas a pensar en posibles nomes para o noso xornal.
E éstas foron as suxestións.
Finalmente fixemos a votación e o título gañador foi:
domingo, 15 de febrero de 2026
OS MANDADIÑOS DA POLBO DARÍA
Nestes días previos ó Entroido, a polbo Daría andivo un pouco enredada cos mandadiños.
Preparou unha carta para contarlle ao alumnado, que, como todos os anos, estiveran atentos aos seus "mandadiños", agora que se achegaba o Entroido.
Os mandados foron do máis variados e relacionados co noso proxecto de centro, árbores e bosques.
O último día da semana, o día que celebramos o Entroido na escola, o mandadiño era desfilar cos nosos disfraces elaborados nas aulas: esquíos, mouchos, cogumelos, gnomos e árbores. Estabamos todos e todas fantásticos.
Por motivos do tempo tivemos que facer o desfile dentro do colexio, aínda así isto non impediu desfrutar moito e degustar unha estupenda merenda de entroido.
Bo traballo á comunidade educativa!!
miércoles, 17 de diciembre de 2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL
Desde o equipo de Bibilioteca fixemos unha selección de lecturas para estes días de descanso e como opción de agasallo para Nadal.
martes, 16 de diciembre de 2025
Calendario de Advento na biblioteca
Neste mes de decembro levamos a cabo o noso Calendario de Avento, con actividades variadas, no que participaron moitos nenos e nenas.
Leváronse a cabo probas e retos como atopar libros escondidos, facer recomendacións lectoras, escribir palabras suxerentes....
Tamén se fixeron adornos para a árbore de Nadal da biblio.
Ademáis no recanto temático o alumnado puido dispor de variadas lecturas navideñas.
domingo, 30 de noviembre de 2025
Contacontos do alumnado
Nestes meses de curso o alumnado desfrutou de moitos contos contados polos propios compañieiros e compañeiras máis maiores.
E os que están por vir!..
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)





.jpeg)







.jpg)




















