jueves, 20 de junio de 2024
Recomendacións lectoras para o verán
Rapazada!!
Achéganse as vacacións!!!
E que mellor que unhas recomendacións de lecturas para ler plácidamente sen prisas nin horarios!
domingo, 16 de junio de 2024
Día das Letras Galegas
Este ano polas Letras Galegas coñecimos á escritora Luisa Villalta.
O Equip de DL montou unha exposición con algúns libros que falaban da escritora.
Con "A nosa estrela" (libro ilustrado), "Melodía de palabras" e "Tinta do mar", descubrimos a súa infancia e xuventude e a súa repercusión xa de adulta; e con "Alma de violino" e "Sempre infinita", a súa obra.
Tamén puidemos desfrutar dos diferentes carteis elaborados por alumnado de outros centros, nos que dunha maneira creativa e amena nos contaban a súa biografía e as distintas etapas da súa traxectoria.
En cada titoría se levaron a cabo propostas didácticas e diferentes traballos en torno á escritora.
Isto permitiu xogar posteriormente e responder a preguntas no panel de robótica mentres se divertían traballando direccións e traxectorias co uso do beebot.
Ademáis, nun recanto da biblioteca contamos cunha selección de libros relacionados con esta data tan importante e con algúns dos escritores e escritoras que máis contrubuiron a ela.
domingo, 12 de mayo de 2024
CONTO COLABORATIVO FEITO ENTRE TODO O ALUMNADO
Todo o alumnado do cole levou a cabo unha proposta colaborativa que consistiu en crear un conto, aportando cada clase unha parte da historia.
Empezando por Infantil e ata sexto de primaria, cada curso retomaba a historia e a continuaba.
Así quedou:
sábado, 27 de abril de 2024
CONTACONTOS DAS FAMILIAS NA SEMANA DO LIBRO
Nesta semana visitáronnos algunhas familias para contar uns contiños e así celebrar o día do Libro.
De Infantil visitounos Paula a nai de Xian.
Tamén nos visitou o pai de Hugo.
Tamén nos visitou a nai de Sofía Durán, de 1º de primaria, co conto "A vaca que puxo un ovo" e outro contiño máis que falaba de abrazos e das demostracións de afecto.
Tamén nos visitou a nai de Sheila e Ángel e contounos un conto para cada ciclo. "Por cuatro esquinitas de nada".
miércoles, 24 de abril de 2024
APADRIÑAMENTOS LECTORES POLO DÍA DO LIBRO
Nesta semana estamos a celebrar o día do libro con diferentes actividades.
Onte participamos nos "Apadriñamentos lectores", nos que alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria contou contos ao resto de alumnado do colexio, converténdose en padriños e madriñas lectores de un ou varios compañeiros/as.
Podedes ver un video da actividade e algunhas fotos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpeg)

































.jpeg)
.jpeg)












