lunes, 5 de febrero de 2024
lunes, 29 de enero de 2024
Recanto lector na entrada do colexio e biblioteca para familias
Por fin puidemos regresar á nosa bilioteca, agora que finalizaron as obras.
A nosa mascota, a polbo Daría, danos a benvida toda emocionada.
Ademáis, contamos cun novo punto de lectura na escola, no que está a casiña que decoramos entre todos xunto cuns cómodos sofás rústicos feitos con palés, para estar moi moi cómodos o ratiño que pasemos alí.
Tamén contamos cunha pequena biblioteca para as familias, que iremos ampliando. Poden ler un ratiño mentres esperan aos seus fillos e tamén poden levar en préstamo o libro que lles interese.
viernes, 22 de diciembre de 2023
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Lectopulpeiros e lectopulpeiras!!!
Moi bo Nadal e moi felices vacacións!!!
Déixovos unhas recomendacións lectoras porque seguro que tamén atopades algún momentiño para a lectura.
miércoles, 6 de diciembre de 2023
Novas lecturas de Nadal
Nesta semana adquiríronse novos libros e contos relacionados co Nadal. Animádevos a vir á biblioteca a botarlles unha ollada e tamén podedes levalos emprestados!
miércoles, 29 de noviembre de 2023
Casiñas de lectura para a biblioteca
Estes días na biblioteca algúns compañeiros e compañeiras e os/as axudantes están colaborando na decoración dunha casiña para a biblioteca, que o noso conxerxe nos fixo.
Será un punto de lectura máis, que unha vez rematado, seguro que resultará moi confortable e motivador!
v
jueves, 23 de noviembre de 2023
Contacontos Polo correo do Vento
Onte visitáronnos os contadores de historias Polo correo do vento. Entre conto, música e debuxo, deleitáronnos coa historia de Daría González e tamén nos falaron do importante que é falar para resolver os conflictos e que non exista a violencia.
Así quedou o corredor, coas súas creacións e as nosas!
lunes, 20 de noviembre de 2023
Harry Potter
Continuamos viaxando, esta vez a Reino Unido, cos libros de HARRY POTTER.
Na sección do proxecto, na biblioteca, tendes exemplares dos distintos volumes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




.jpg)














.jpeg)


