lunes, 29 de enero de 2024
viernes, 22 de diciembre de 2023
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Lectopulpeiros e lectopulpeiras!!!
Moi bo Nadal e moi felices vacacións!!!
Déixovos unhas recomendacións lectoras porque seguro que tamén atopades algún momentiño para a lectura.
miércoles, 6 de diciembre de 2023
Novas lecturas de Nadal
Nesta semana adquiríronse novos libros e contos relacionados co Nadal. Animádevos a vir á biblioteca a botarlles unha ollada e tamén podedes levalos emprestados!
miércoles, 29 de noviembre de 2023
Casiñas de lectura para a biblioteca
Estes días na biblioteca algúns compañeiros e compañeiras e os/as axudantes están colaborando na decoración dunha casiña para a biblioteca, que o noso conxerxe nos fixo.
Será un punto de lectura máis, que unha vez rematado, seguro que resultará moi confortable e motivador!
v
jueves, 23 de noviembre de 2023
Contacontos Polo correo do Vento
Onte visitáronnos os contadores de historias Polo correo do vento. Entre conto, música e debuxo, deleitáronnos coa historia de Daría González e tamén nos falaron do importante que é falar para resolver os conflictos e que non exista a violencia.
Así quedou o corredor, coas súas creacións e as nosas!
lunes, 20 de noviembre de 2023
Harry Potter
Continuamos viaxando, esta vez a Reino Unido, cos libros de HARRY POTTER.
Na sección do proxecto, na biblioteca, tendes exemplares dos distintos volumes.
Axudantes de biblioteca
Neste mes de novembro os axudantes de biblioteca, alumnado voluntario de 2º e 3º ciclo, comezaron a colaborar nos momentos de recreo.
As súas tarefas son do máis variadas: rexistrar empréstimos e devolucións de fondos da biblio, ordear os libros das estanterías, axudar a atopar determinados libros ao alumnado, confeccionar carteis para as distintas seccións, recortar pictogramas para a catalogación....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



.jpg)














.jpeg)








