domingo, 5 de noviembre de 2023

Contacontos polo Samain!!

Este martes 31 celebramos no cole a festa do Samaín, cun montón de actividades. 

Entre elas, os tradicionais CONTACONTOS que levaron a cabo alumnado de 5º e 6º de primaria e os mestres Mabel e Jorge.




















Tamén al

domingo, 29 de octubre de 2023

NOVOS FONDOS NA BIBLIOTECA

 Ola amigos e amigas!
Informarvos que temos novas adquisicións na biblioteca. Ademáis dos libros que pedistes vos, o alumnado,  

e outros relacionados co proxecto "Vianxando a través dos libros", 


 tamén temos libros novos que foron unha doazón de familias de alumnos/as. 









Moitas grazas!!



sábado, 28 de octubre de 2023

Seguimos ampliando o recanto do corredor como punto de lectura

 Como seguimos coas obras, continuamos a ter o espazo da biblioteca no corredor da planta superior. E como non nos podemos traer toooodos os libros da biblio para este espazo temporal, fixemos unha selección con algúns dos fondos, que se irán renovando periódicamente.

Contamos con espazos como estes:

O RECANTO DO PROXECTO: "VIAXANDO A TRAVÉS DOS LIBROS"



LIBROS PROPOSTOS POLO ALUMNADO 



LIBROS DE TEMÁTICA OUTONO E SAMAÍN



LIBROS DE ANIMAIS



LIBROS DE CIENCIA, EXPERIMENTOS E MEDIO AMBIENTE



LIBROS PARA OS MÁIS PEQUENOS E CON PICTOGRAMAS



sábado, 23 de septiembre de 2023

Primeira proposta da polbo Daría- Que libro che gustaría que houbera na nosa biblioteca?

 

Este curso, nada máis empezar na escola, a nosa mascota Daría propuxo a todo o alumnado facer as  suxerencias de libros e contos que lles gustaría que haxa na nosa biblio.
Recopilamos todas nun recanto da entrada do colexio e próximamente se fará unha exposición con todos estos libros, que estamos mercando.






Comezando o curso con novos espazos

Benvidas e benvidos!!!



Comezamos un novo curso!!

Continuamos coas obras no colexio, que non nos permitirán polo momento desfrutar da nosa biblioteca. 

Pero non por iso imos deixar de ler e de desfrutar de moitas lecturas divertidísimas.

O equipo de Biblio habilitou un espazo na planta primeira, cun acolledor recanto de lectura.

Así que vinde a visitarnos canto antes!!!





viernes, 28 de julio de 2023

Festa de despedida dos axudantes de biblioteca

 En xuño rematamos o curso, e fixemos unha pequena festa de despedida como agradecemento aos nenos e nenas que colaboraron como axudantes así como na confección da mascota tridimensional.


Ademáis tamén vos deixamos algunhas recomendacións lectoras para este verán, que poden ser interesantes e divertidas.




domingo, 7 de mayo de 2023

Día Mundial do Libro

 O 23 de abril foi unha data importante para o noso equipo: O DÍA DO LIBRO!


Con motivo de celebrar esta data, desde o equipo propúxose a todo o alumnado levar a cabo os "Apadriñamentos Lectores", que consistiu en que cada neno e nena de 4º, 5º e 6º de primaria preparou e leu un libro a un ou dous compañeiros/as de cursos inferiores.


A semana previa á lectura dos contos, que se fixo o luns 24 de abril, cada neno e nena preparou a súa lectura e recreou a portada do libro que leería.


Chegada a data, a idea era ler escollendo un recanto do patio, na zona das árbores e pendurar alí todos os debuxos, pero o tempo non acompañou e se penduraron no teito da entrada e tamén alí se levaron a cabo as lecturas.










Ademáis, ó longo da semana algunhas familias viñeron contar contos ás clases dos seus fillos e fillas.


A nai de Sofía, de 5 anos



A nai de Ángel, de 5 anos



A nai de Sofía e Pilar, de 1º e 6º de primaria



Grazas familias!!! 
Foi xenial recibir a vosa visita!!