domingo, 18 de diciembre de 2022
sábado, 12 de noviembre de 2022
Novas adquisicións para a biblioteca
Temos novos xogos na biblioteca, tendes que coñecelos!
Tamén no noso recanto de novidades hai uns libros do máis interesantes. Quizáis algún encaixe no que buscades.
Non deixedes de vir pola biblioteca a facer o empréstimo ou nos momentos do recreo a botarlles unha ollada.
Ademáis contarvos que os polbiños que todos e todas decoráchedes e que participaron no concurso, xa están pendurados do teito do corredor, decorando a entrada á biblioteca.
Grazas rapaces/as pola vosa colaboración!
lunes, 31 de octubre de 2022
Contos de medo na biblio polo Samaín!
Este xoves contacontos de medo na Biblioteca, con motivo do Samaín.
O equipo de biblio xunto coa mascota a polbo Daría, prepararon todo para que o día da sesión o pasáramos de medo!!
E chegou o día!!
"CAMUÑAS"
martes, 25 de octubre de 2022
Benvidos e benvidas!!
Benvidos a un novo curso na biblioteca da polbo Daría!!!
No mes de outubro abrimos a biblioteca nas horas do recreo e xa están apuntados os nenos e nenas que queren ser axudantes de biblioteca. En breve recibirán unha pequena formación antes de comezar.
Nesta semana estivemos decorándoa con motivo da chegada do Samaín.
Tamén temos no recanto de fondos sobre o Samaín e o outono, algúns libros que seguro que vos gustarán!!
Ademáis, a polbo Daría pideu axuda a todos os nenos e nenas da escola, para decorar unha plantilla co seu debuxo e decorar todo o corredor con elas.
Pero antes levamos a cabo unha votación para elixir os dous máis bonitos, que serán os que irán nas tarxetas de axudantes de biblioteca.
E....... AS DÚAS MÁIS VOTADAS FORON........
lunes, 9 de marzo de 2020
Onte foi o día internacional da muller. Por iso, o gato colorín súmase á loita polos seus dereitos e apoia a interesante actividade que desde o equipo de actividades complementarias e extraescolares se vai desenvolver: un mural pola igualdade onde plasmaredes pequenas chapas con mensaxes alentadores en prol dos dereitos das mulleres, entre outros aspectos.








.jpeg)

















