miércoles, 8 de enero de 2020

FELIZ ANO NOVO!

Xa estamos de volta! Parece que hai nada nos fumos e xa regresamos.
Que ben o pasamos nas vacacións...verdade? Agora toca volver ao divertido xogo de aprender.
Xa veredes cantas sorpresas vos agardan desde a biblio neste trimestre...

                                                O gato colorín deséxavos que teñades unha feliz volta ao cole!

Resultado de imagen de Feliz ano novo 2020.

lunes, 16 de diciembre de 2019

ESTAMOS CHEGANDO AO FIN DO PRIMEIRO TRIMESTRE!

Despois deste trimestre intenso de traballo chegamos ao final. Lembrade que este venres entregaranse os diplomas e premios ás aulas gañadoras da competición de desafíos matemáticos deste trimestre. Que nervios!!!!!!

Por outra banda, o gato colorín quere darvos as grazas pola vosa colaboración na actividade de Nadal que vos propuxen desde a biblio. Grazas por todos eses desexos tan bonitos e sinceros! Este é o resultado:



viernes, 29 de noviembre de 2019

Bo Nadal!

Despois de todo este primeiro trimestre de traballo quero pedirvos a vosa colaboración para unha tarefa moi divertida.A vosa mestra ou mestre vaivos dar unha estrela de cartolina dourada a cada un de vós  e gustaríame que escribades nela un desexo que vos queirades pedir para o ano novo. NON DEBES POÑER O TEU NOME, para que non se saiba de quen é o desexo. 
Despois as utilizaremos para decorar a porta da biblioteca e para colgalas do teito polos corredores do colexio.
Por último, deséxovos un Bo Nadal e un Feliz Ano Novo!!

Unha aperta do gato colorín.

lunes, 28 de octubre de 2019

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!

O gato colorín agradece a participación na elaboración do mural titulado "recoméndoche...", situado na entrada do colexio con motivo do día das bibliotecas escolares. Así, cada alumn@ e moitos d@s mestres/as da escola decoraron unha portada do seu libro favorito para mostralo a toda a comunidade educativa.
Sinceramente, grazas por facelo posible.

Aquí tedes o resultado!



lunes, 14 de octubre de 2019

OLA A TOD@S!!

O gato colorín agradece a vosa participación na resolución dos 10 desafíos matemáticos que vos propuxen no primeiro trimestre. Expóñovos a continuación unha táboa resumo dos resultados finais na que podedes ver que os gañadores deste primeiro trimestre foron as AULAS DE 1º e de 5º de Ed. Primaria. PARABÉNS!!!!!!!!!




Se tedes algunha dúbida debedes ir á biblioteca do cole no recreo e consultar a xustificación da corrección aos mestres/as que se encargan de corrixir os desafíos: as profes Ángeles e Beatriz, os profes Manuel e Luis, ou  Isabel, a nosa orientadora.

                                                       Novamente parabéns e moito ánimo para os do próximo trimestre!!

lunes, 7 de octubre de 2019

Ola outra vez!



                            ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!Con motivo da apertura da biblioteca, infórmamos de que vos imos propoñer a cada clase un desafío matemático cada semana para que resolvades en grupos e metades a solución na urna que hai xunto a porta da biblioteca.



                                BO DÍA! 


Como sabedes, o mes pasado comezamos un novo curso e os mestres/as empezaron a preparar a biblioteca da escola para que hoxe día 7 de outubro de 2019 poidan abrir aos alumnos/as durante os recreos. Cada curso poderá ir un día. Podedes consultalo no horario que hai na porta da biblioteca. Esperamos vervos por alí!!


                                   Unha aperta,


                                               O gato colorín.