domingo, 16 de junio de 2024

Día das Letras Galegas


 Este ano polas Letras Galegas coñecimos á escritora Luisa Villalta.


O Equip de DL montou unha exposición con algúns libros que falaban da escritora.



Con "A nosa estrela" (libro ilustrado), "Melodía de palabras" e "Tinta do mar", descubrimos a súa infancia e xuventude e a súa repercusión xa de adulta; e con "Alma de violino" e "Sempre infinita", a súa obra.

Tamén puidemos desfrutar dos diferentes carteis elaborados por alumnado de outros centros, nos que dunha maneira creativa e amena nos contaban a súa biografía e as distintas etapas da súa traxectoria.





En cada titoría se levaron a cabo propostas didácticas e diferentes traballos en torno á escritora.



Isto permitiu xogar posteriormente e responder a preguntas no panel de robótica mentres se divertían traballando direccións e traxectorias co uso do beebot.



Ademáis, nun recanto da biblioteca contamos cunha selección de libros relacionados con esta data tan importante e con algúns dos escritores e escritoras que máis contrubuiron a ela.



No hay comentarios:

Publicar un comentario