jueves, 20 de junio de 2024

Un agasallo para os axudantes de Biblioteca e para os máis lectores.

 Neste curso escolar, quixemos premiar aos axudantes de Biblioteca, pola súa constancia e colaboración, agasallándoos cun xogo de memoria das bandeiras dos países, moi en relación co noxo proxecto de centro.

E para endulzar o xogo, tamén uns ovos de chocolate.


Algúns xa quixeron estrealos!!


Gracias rapaces e rapazas!
Contamos con vós para o próximo curso!!


 Por outra parte, as compañeitas máis lectoras deste curso foron Ainhoa, de 5º de primaria e Leila de 2º de primaria. 

Noraboa rapazas e a seguir así de lectoras!!!

Recomendacións lectoras para o verán

 Rapazada!!
Achéganse as vacacións!!!
E que mellor que unhas recomendacións de lecturas para ler plácidamente sen prisas nin horarios!






domingo, 16 de junio de 2024

Día das Letras Galegas


 Este ano polas Letras Galegas coñecimos á escritora Luisa Villalta.


O Equip de DL montou unha exposición con algúns libros que falaban da escritora.



Con "A nosa estrela" (libro ilustrado), "Melodía de palabras" e "Tinta do mar", descubrimos a súa infancia e xuventude e a súa repercusión xa de adulta; e con "Alma de violino" e "Sempre infinita", a súa obra.

Tamén puidemos desfrutar dos diferentes carteis elaborados por alumnado de outros centros, nos que dunha maneira creativa e amena nos contaban a súa biografía e as distintas etapas da súa traxectoria.





En cada titoría se levaron a cabo propostas didácticas e diferentes traballos en torno á escritora.



Isto permitiu xogar posteriormente e responder a preguntas no panel de robótica mentres se divertían traballando direccións e traxectorias co uso do beebot.



Ademáis, nun recanto da biblioteca contamos cunha selección de libros relacionados con esta data tan importante e con algúns dos escritores e escritoras que máis contrubuiron a ela.