Ola nenos e nenas,
de novo o Gato Colorín convídavos a participar no
concurso de Entroido. Coma nas demáis ocasións trátase dunha actividade para facer coa colaboración da familia
ou dos educadores/as.
Prestade atención que aí van as instruccións:
Nenos e nenas de Educación Infantil:
Este ano o Gato Colorín
pídevos que fagades fantásticas
caretas de Entroido .
Nenos e nenas de 1º ciclo ( 1º e 2º
curso de Primaria) :
O Gato Colorín decidiu que os nenos de 1º ciclo fagan vistosos antifaces.
Rapaces e rapazas de 2º
e 3º ciclo ( 3º,4º,5º e 6º cursos de Primaria):
O Gato Colorín estivo a pensar en que o tendes que disfrazar. O
disfraz é a vosa elección.
Instruccións:
- -
Pódese usar calquer material que se estime oportuno (atendendo sempre o sentido
común e a idade dos nenos e nenas).
- -
Os traballos coma sempre poden ser en 3
dimensións, recordade que á hora de elexir os gañadores, valorase o esforzo, a orixinalidade e a presentación.
- -
Todos os traballos presentados teñen que ter
posto o nome , apelidos e curso do neno/a participante.
- -
A data máxima de entrega será o venres 6 de febreiro de 2015.
- -
Os traballos serán expostos na entrada do centro
durante a semana do 9 ó 13 de febreiro
.
- -
Elixirase un gañador por aula.
O día 13 de febreiro farase a entrega
de premios
Grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo:
O Equipo da Biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario